O Concello inicia unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou que nos vindeiros días se comezará cunha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que a área de Mobilidade leva realizando durante o último ano.

Nesta nova fase, elevaranse os pasos de peóns da ronda Xosé Castiñeira, xunto ao conservatorio, na avenida de Madrid, na contorna da escola de educación infantil Fingoi 2, en Serra de Outes e Alfredo Brañas, na contorna do colexio Menéndez Pelayo e na rúa Camiño de Pipin, diante do colexio Cervantes. Rubén Arroxo lembrou que “a intervención da rúa Camiño de Pipin é unha da demanda moi solicitada pola ANPA do colexio Cervantes debido á singularidade da rúa”.

“Nos vindeiros días eliminaranse os rebaixes necesarios para realizar a elevación do paso de peóns, que se construirán durante o vindeiro mes para que todo esté listo de cara ao inicio do curso”, informou Rubén Arroxo, que engadiu “desde o goberno municipal seguimos avanzando de cara a un Lugo no que os peóns sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com