O Concello iniciará a peonalización da Mosqueira a partir do 1 de xuño

O 1 de xuño de 2021. Esa é a data na que o tramo da Ronda da Muralla que transcorre entre a Portas de Campo Castelo e San Pedro; e que pasa por diante da característica Mosqueira, quedará pechado ao tráfico rodado. Así o anunciou esta mesma mañá o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo quen anunciou tamén a posta en funcionamento, ese mesmo día, 1 de xuño, das novas liñas de transporte urbano.

Dous proxectos importantes para a cidade que, dixo, avanzarán na humanización do monumento romano. Entre as modificacións máis importantes que se levarán a cabo a partires do 1 de xuño inclúen a reordenación do tráfico na contorna da Mosqueira e que permitirá o establecemento de máis de 100 prazas de estacionamento. Así, o cruce entre a rúa Vilalba e Ramón Ferreiro contará cunha rotonda que axilizará o tráfico dos vehículos que poderán continuar por Ramón Ferreiro ou Rodríguez Mourelo.

A avenida Anxo López Perez, que transcorre por diante do Seminario, cambiará de sentido; ao igual que a rúa Salvador de Madariaga, que dirixirá o tráfico hacia a praza de Bretaña e a Rúa Dinán que levará ou ben á rúa das Hermanitas, hacia San Roque ou ben á rúa Cidade de Vigo, que tamén cambiará o seu sentido para comunicar co aparcadoiro disuasorio do Seminario Menor.

A peonalización da Mosqueira adxudicada á empresa Hermanos Pico Yañez, que presentou un orzamento de 588.836€ e os traballos terán un prazo de realización de 8 meses. A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. Desde o goberno municipal agárdase iniciar a actuación nos primeiros meses de 2021.

O novo proxecto de liñas de bus urbano está composto por catro grandes liñas que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade. No eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos.

O 1 de xuño entrarán en funcionamento, ademais das novas liñas, as máis de 20 pantallas instaladas en distintas paradas ao longo da cidade. Rubén Arroxo anunciou que “todas as persoas que proben o novo modelo de transporte urbano poderán facelo de xeito gratuíto o día 1”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com