O goberno local vén de anunciar que a Xunta de Goberno do vindeiro xoves aprobará iniciar o procedemento para licitar a pavimentación do entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire, mediante un procedemento aberto simplificado. O tenente de alcalde lembrou que “esta actuación foi unha das propostas que se aprobaron co suplemento de crédito do pasado mes de setembro“.
O procedemento parte dun orzamento de 72.282,44€, que inclúe a pavimentación con asfaltado en quente e o repintado de marcas viais. Unha vez se adxudique, a empresa terá de prazo un mes para realizar as actuacións.
“Trátase dunha actuación necesaria, e pedida polas persoas usuarias tanto do Auditorio coma do parque da Milagrosa, debido ao estado de deterioro no que se atopa actualmente”, indicou o tenente de alcalde, que aclarou que “dentro do reto que está a asumir a área de Cultura, coa xestión de catro grandes infraestruturas culturais, que deben estar nas mellores condicións posíbeis”.