O Concello instala á empresa municipal Evislusa no edificio Impulso Verde

O edificio Impulso Verde, situado na Garaballa, acolle dende hai varias semanas as oficinas da empresa municipal de vivenda e solo de Lugo, Evislusa, que trasladou a súa sede desde o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a este inmoble. O cambio fíxose efectivo a comezos de ano e o persoal de Evislusa atópase operativo nestas novas instalacións.

Na actualidade, o persoal de Evislusa está composto por dous administrativos/as, un aparellador/a e un arquitecto-xerente. Ademais, atópase aberto o proceso selectivo para a incorporación dunha nova persoa para un posto vacante de arquitecto/a, que completará o equipo de traballo.

O edificio Impulso Verde, pioneiro en construción sostible, manterá ademais outros usos previstos, como a zona expositiva sobre o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico na pranta baixa e, proximamente, instalarase na primeira planta a aceleradora TurisTalent 5.0, unha iniciativa enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística que combinará formación, asesoramento especializado e busca de financiamento para impulsar proxectos innovadores nos sectores turístico e enogastronómico. A segunda planta alberga a xerencia de Evislusa e, finalmente, a planta alta estará reservada para a celebración de eventos e actos institucionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com