O Concello instala sinais con luces led en pasos de peóns

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este martes que o Concello comezou a instalación de sinais luminosas de tecnoloxía led en tres pasos de peóns da cidade co fin de mellorar a visibilidade e con elo a seguridade vial e dos peóns. Estas sinais contan con placas solares e sensores de movemento, de tal xeito que os pasos se iluminan cando os peóns se aproximan a cruzar. Tamén dispoñen de sensores de movemento adaptadas a persoas con diversidade funcional. Con esta iniciativa, dotada con máis de 10.000 euros, o Concello dá resposta ás peticións veciñais realizadas nos Orzamentos Participativos.

Os pasos nos que se sitúan as sinais luminosas non se atopan regulados por semáforos e foron establecidos polo Gabinete de Tráfico da Policía Local en coordinación coa rexedora, tendo en conta a proximidade a centros escolares e nunha vía de alta densidade de circulación, como é a Avenida da Coruña.

Deste xeito, este martes quedaron xa instaladas sinais luminosas no cruce entre a Avenida da Coruña e a rúa Ramiro Rueda, e despois de Reis colocaranse nas inmediacións dos colexios Luis Pimentel e Divino Maestro, nas rúas Gallego Tato e Portugal, respectivamente, por onde accede o alumnado a estes centros escolares.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com