O Concello de Lugo instala tres novas marquesiñas na zona rural, concretamente nas parroquias de Mazoi, Bacurín e San Mamede dos Anxos, para as paradas do transporte escolar existentes. Así o anunciou este luns o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen sinalou que estes traballos se enmarcan no compromiso do Concello co rural, que representan o 80% do territorio.
Fernández apuntou que dende o Concello se está traballando para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas, tanto da zona urbana como do rural, e aclarou que estas paradas eran prioridade, posto que se trataba de lugares que ata o momento non dispoñían dun espazo cuberto, non tendo os usarios como protexerse das inclemencias metereolóxicas.
O Concelleiro manifestou que seguirá traballando “para dar resposta ás prioridades da veciñanza” e anunciou que a entidade local, na medida do posible, seguirá instalando máis marquesiñas no rural, así como arranxando as deterioradas.