O Concello de Lugo implementará un novo sistema de lectura de contadores de auga. Así o deu a coñecer este luns o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen subliñou que o Goberno local contratará o servizo de implantación, asistencia técnica, mantemento e xestión do sistema de lectura de contadores de Lugo por un importe de 20.500 euros.
O novo sistema inclúe tarefas relacionadas coa preparación e descarga das rutas de lectura, co obxectivo de renovar os equipos actuais existentes, así como de modernizar o servizo cunha plataforma e aplicación informática que integre tanto os traballos de xestión como lectura. Segundo o concelleiro, a necesidade de contratar dito servizo débese á que a entidade local non posúe equipos propios de medición.
“Grazas a este novo sistema de lectura modernizaremos o control do consumo de auga, mellorando a xestión e a calidade do servizo para os lugueses, pois aportará datos á central dende os diferentes puntos do municipio, permitindo contemplar os datos in situ por contador, aboado ou rúa, entre outros”, subliñou o edil.