O Concello inviste preto de 20.000 euros en material para a Escola de Música

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou da adquisición de diverso material para a Escola Municipal de Música de Lugo, no que se realiza unha inversión por un importe de preto de 20.000 euros. Tal e como indicou o edil, a entidade local mercou dous trombóns aos que destinou 12.160 euros, un piano por importe de 4.900 euros, 1.000 cd´s deseñados nos que se investiron 1.973,27 euros e unha taquilla por 356,95 euros.

Estas adquisicións de material súmanse a outras que realizou recentemente o Concello e responden á petición realizada polo profesorado da escola e para mellorar a impartición das distintas materias, así como a calidade da ensinanza.

A Escola Municipal de Música de Lugo conta actualmente con máis de setecentos estudantes e máis de mil matrículas nos diferentes cursos ofertados.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com