A Concelleira de Economía, Emprego e Promoción Económica, Ana Prieto, lamentou que o Partido Popular votase en contra do pago de facturas a provedores do Concello por valor de 2,3 millóns de euros porque este veto “a quen prexudica é ás pequenas e medianas empresas da nosa cidade e, en definitiva, á economía local que, como unha cadea que é, corre o risco de colapsar ou romperse se falla un dos seus eslabóns”.
Estas declaracións fíxoas tras non aprobarse no Pleno de hoxe o expedente de recoñecemento extraxudicial de créditos para o Concello, este expediente incluía 5080 facturas xa conformadas e corroborando os responsables técnicos e políticos correspondentes, os servizos prestados polas empresas implicadas. Ana Prieto asegurou que “os proveedores teñen dereito a cobrar os traballos feitos”.
Prieto subliñou tamén que o instrumento proposto polo Goberno para liberar este importe, o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito, é “completamente legal, recollido pola lexislación, e que utilizan todas as administracións locais de España, incluídas as gobernadas polo Partido Popular”. A edil tamén resaltou ante as críticas do PP que este Recoñecemento Extraxudicial de Crédito “non é un levantamento do reparo de ilegalidade xa que eso correspondería a alcaldía” e afirmou que “o periodo medio de pago diminúe se pagamos o crédito, por iso pedimos apoio á oposición”.
Para esta medida só os socialistas votaron a favor, mentres que PP e ACE-EU votaron en contra e o resto dos grupos da oposición, abstivéronse, o que fixo que se rechazara esta proposta.
Para o voceiro de ACE-EU, Carlos Portomeñe, a concelleira “crédito político ten pouco” e resaltou que este expediente está en todos os ordes do día dos plenos e que “da pereza escoitar o mesmo en todos os plenos”. Asemade Portomeñe criticou que Lugo vaia en camiño de converterse na capital española “peor pagadora” e asegurou que “non aceptamos que o pagamento de facturas esté en periodo de excepcionalidade constante”.
Portomeñe tamén criticou que os “problemas fundamentales do goberno están craros: contratos caducados durante anos” e afirmou que en lugar de mellorar, a situación económica do Concello “estase empantanando con estas medidas” e que pode responder á “falta de xestión municipal”.
Pola súa parte o PP, tirou pedras contra Lugonovo pois este partido anunciou dende o principio a súa abstención neste tema, polo que o voceiro popular, Jaime Castiñeira lles pediu que “tomen unha decisión de se apoian ou non os reparos de ilegalidade”. Asemade, o PP asegurou que loitan porque se “liciten os contratos, xa que de 14 empresas que prestan os servizos, case a metade non se iniciou no procedemento”. Castiñeira tamén esixiu ao goberno municipal que “tome as medidas oportunas” para solventar esta situación.
“Ata aquí chegamos, e o advertimos durante moito tempo”, afirmou o popular negándose a apoiar, “unha vez máis”, esta proposta do goberno local e lembrou aos grupos que se abstiveron que “cada un ten que asumir as súas responsabilidades”.
A edil Ana Prieto confía en que a postura “arriscada” do Grupo Municipal do PP non responda á situación persoal e política do seu voceiro, Jaime Castiñeira, que, “sabendo que lle queda moi pouco como líder local do seu partido e que non volverá a ser candidato á alcaldía, impón este tipo de decisións irresponsables ao seu grupo porque non ten nada que perder”. Asemade, Prieto asegurou que será o PP “quen lle teña que explicar aos proveedores por que non se lles paga”.
O resto dos grupos políticos abstivéronse, pois afirmaron que se ben entenden a necesidade de pagarlles os proveedores, non apoian que en todos os plenos o goberno explique “a mesma teoría” e non mellore esta situación.