O Concello licita as obras de accesibilidade na Praza Maior, da Soidade e Pío XII

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a licitación das obras de accesibilidade e mellora de servizos no centro histórico, concretamente na Praza Maior, da Soidade e Pío XII, por 153.500 euros.

Así mesmo, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán na licitación, que se fará por procedemento aberto. Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen avanzou que as tarefas a realizar consistirán na pavimentación e revestimento de solos, así como obras de saneamento, construcción de redes e preparación de terreos. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses.

“Con esta actuación, o Concello quere acabar coas dificultade de mobilidade que supón o empedrado do pavimento existente nas tres prazas emblemáticas da cidade”, subliñou Fernández, ao tempo que destacou que se substituirá o adoquín por baldosa de granito para crear un itinerario que lles permita ás persoas con mobilidade reducida desprazarse por estes emprazamentos.

Con estas obras, o Concello tamén aproveitará para dar solución a unha dificultade no saneamento existente ao fondo da Praza Maior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com