O Concello mantén aberto o prazo de inscrición para o curso de vixilante de seguridade

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo mantén aberto até este venres, 11 de marzo, o prazo de inscrición para o curso de vixilante de seguridade.

A actividade, inclúese dentro da oferta formativa deseñada pola área de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, ao abeiro do programa +Xti que subvenciona o Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional de Drogas.

O curso, que é totalmente gratuíto e se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 16 de maio, terá unha duración de 180 horas e se impartirá de luns a venres, de seis da tarde a nove da noite.

O concelleiro sinalou que a iniciativa forma parte da estratexia do Executivo de Lara Méndez, trazada co Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, para habilitar toda unha programación de tipo preventivo pero tamén de ocio alternativo e, por suposto, cun compoñente didáctico, de xeito que parte destas accións son propostas con vocación de converterse nunha saída laboral.

As persoas interesadas en realizar este curso, que é de balde, poderán facelo na páxina www.lugomasxti.org co requisito de ter entre 18 e 35 anos, atoparse en situación de desemprego e estar empadroados/as no Concello de Lugo. A selección farase por rigorosa orde de inscrición.

Para obter maior información poden consultar ou poñerse en contacto co Servizo de Prevención de Drogodependencias, na 3ª planta do Centro Social Uxío Novoneyra ou chamando ao teléfono 982 297 837.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com