O Tenente Alcalde do Concello de Lugo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas visitou a Campiña, onde veñen de comezar os traballos de renovación da capa de rodadura do acceso á zona industrial. O vicealcalde explicou que “continuamos a traballar na mellora das zonas industriais da cidade, recollendo ao mesmo tempo unha solicitude das distintas empresas da zona, que reclamaban a mellora do asfalto desta vía”.
A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.
O Goberno explicou que “esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo”.