A andaina As ribeiras altas, Miño arriba, programada para este luns, a partir das 10:00 horas, e enmarcada dentro da programa de +Xtí, de prevención do consumo de drogas, aprázase para unha nova data, que será anunciada cando se fixe.
O resto da programación terá lugar os días xa anunciados, o 11, 16, e 18 de xullo; e o 13, 15, 27 e 29 de agosto. Para participar é preciso inscribirse no Servizo de Información Municipal 010 ou a través do 982-29-73-50, para os de fóra de Lugo. Estas rutas, dirixidas por un biólogo profesional, tratarán os Lagos de Teixeiro, a Insua de Burneiros, o Camiño do Miño, a Ruta dos Mapaches, o río Mera, a Ruta da Agua e o río Rato. O punto de saída é a Casa da Xuventude, ás 09:30 horas, cunha duración ata as 14:00 horas.