O Concello nega “falseamento” dos datos do Orzamento 2020

Ao respecto das afirmacións realizadas hoxe polo Partido Popular sobre o desaxuste entre as estimacións que recolle o orzamento de 2020 e a recadación que se obtivo nese ano, o Concello só pode cualificalas, nunha nova ocasión, como “un auténtico desatino” que “o único que pon en evidencia é a súa falta de coñecemento ao respecto da situación económica do Concello, pese a ser o principal grupo da oposición e o que maiores retribucións económicas percibe por ese concepto, e a ausencia do máis mínimo traballo de análise documental”.

Así o di o Concello nun comunicado aos medios no que, ademáis, tildan as declaracións dos populares de “cúmulo de carencias” que, na opinión do Goberno Local, “se completa cunha escaseza de escrúpulos total á hora de terxiversar a información municipal con tal de sacar réditos políticos e de tratar de embazar o labor desenvolvido polo persoal municipal tanto de xestión, como de control e fiscalización”.

Dende o Goberno local aseguran que non existe ningún “falseamento” dos datos, xa que se trata de estimacións, unha palabra que, segundo o Goberno “ten un significado concreto que lles convidamos aos seños do PP a consultar no diccionario”.

No comunicado o Concello explica tamén como se calculan as estimacións de ingresos que se prevén nos orzamentos: “as mesmas se realizan en base á recadación de anos anteriores e sen poder prever, como foi o caso, que medio ano despois chegaría unha crise sanitaria mundial que obrigou a decretar un confinamento de tres meses e un Estado de Alarma que se suspendeu hai escasos días”.

A “lección de realidade” á que fai referencia o PP, si o Goberno, “di que o Concello de Lugo habilitou neste tempo todo tipo de medidas para dotar de liquidez ao tecido produtivo do municipio, sen prescindir de ningún dos contratos municipais que estaban en vigor nese momento, axilizando o pagamento de facturas, adiando o cobro de tributos, eximindo de taxas, aos sectores máis afectados pola pandemia e promovendo a dinamización económica a través da contratación de obras en canto a paralización dos prazos administrativos, rematou o que serviu para xerar volume de negocio cando o mercado non o tiña”.

“E, a pesar de todo, e sen recibir ningún tipo de axuda económica doutras administracións – tampouco dos 1.200 millóns de euros que a Xunta recibiu do Goberno Central para afrontar as consecuencias da Covid – a solvencia e liquidez das contas municipais permitiron afrontar todos os gastos ordinarios e as axudas e achegas extraordinarias habilitadas ao efecto sen descoidar, á súa vez, a función recadatoria que é permanente e continúa”, explican dende o Executivo municipal.

“Polo que a lección de realidade indica que a cidadanía de Lugo non merece unha oposición así, que dedica o seu tempo á distorsionar a situación económica dun Concello exemplo de moitos nesta crise sanitaria que aínda estamos tratando de superar”, rematan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com