O Concello négase a certificar que non haberá indemnización no Garañón e o PP considera que a rexedora “mentiu aos lucenses”

“Incredulidade”. Esa é a palabra que mellor reflicte o sentir entre os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular despois de ver como a rexedora confirmou hoxe, segundo os populares, que “mentiu descaradamente” no pleno de decembro de 2021 cando asegurou que había un informe da asesoría xurídica municipal que certificaba que “non se pagaría nin un euro de indemnización”.

Ramón Carballo explica que se a alcaldesa tan segura está de que non se pagaría indemnización debería de certificalo por escrito sen ningún tipo de dúbida, motivo polo que hoxe defendemos unha moción no pleno pedindo que a rexedora adquirise o compromiso oficial de que non habería que pagar indemnización, para así evitar novos gastos sorpresa que hipotequen máis aos lucenses. “A alcaldesa sabe que mentiu, por iso non se atreve a ratificar oficialmente, nin verbalmente nin por escrito, que non haberá lugar a indemnización ou compensación ao promotor do Garañón”, afirmou.

Os populares incluso pediron o compromiso da alcaldesa de que esa indemnización que vai haber que pagar ao promotor a paguen do seu bolsillo os políticos do PSOE que votaron a favor de conceder esa licenza ilegal, de negociar convenios e de dilatar o cumprimento das sentencias, como leva anos facendo PSOE e BNG, postura que tamén rexeitou o Goberno, que agora “nunha actuación desesperada tenta desviar a atención cara a Xunta de Galicia pedindo que sexa o goberno autonómico o que pague as ilegalidades do PSOE”.

Os populares tampouco entenden a postura da rexedora, que optou por poñerse de lado dos antisistema en lugar de apoiar as reivindicacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, xa que o goberno local en bloque optou por votar en contra de instar ao goberno de Pedro Sánchez que desista no súa intención de reformar a Lei de Seguridade Cidadá.

Os populares tampouco entenden o maltrato do goberno local á Banda de Música Municipal, despois de negarse tanto a alcaldesa como o vicealcalde a aprobar a proposta dos populares para rescatar da incerteza á Banda Municipal de Lugo, situación na que está sumida polo deixamento do PSOE e do BNG. “É incrible non son que non apoiaran a iniciativa, se non que tampouco clarexaron cales son as intencións reais de futuro deste goberno para unha agrupación que foi un orgullo cultural singular para todos os lucenses”, indicaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com