O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, daba orde, a primeira hora desta mañá de iniciar, canto antes, os traballos de reparación da Praza Maior e de reposición das prantas e flores, logo de que os xardíns foran “literalmente arrasados” durante o concerto do Combo Dominicano a pasada noite.
“A valoración económica dos danos, nunha primeira estimación, ronda os 2.600 euros. O balance é desastroso: polas dos magnolios centenarios arrincadas, os setos de buxo quedaron devastados e tamén as roseiras e as begonias que, directamente, desapareceron, por sinalar algún exemplo”, lamentou ou edil quen indicou que moitas destas especies xa non se poderán repoñer por falta de stock.
Álvaro Santos quixo destacar a inmediatez coa que as brigadas de limpeza acondicionaron a contorna, nada máis rematar a actuación, permitindo que os operarios do servizo de mantemento de zonas verdes comezaran rapidamente as tarefas de restauración, labores que, previsiblemente se estenderán durante toda a xornada debido ao alcance da desfeita.
“O noso obxectivo é limpar e acondicionar a Praza Maior á maior brevidade posible para non prexudicar a imaxe da cidade nunha fin de semana na que, precisamente e por mor das festas patronais, se agarda unha gran afluencia de público”, subliñaba o concelleiro, que aproveitou para facer un chamamento ao civismo de toda a cidadanía.
“Por suposto queremos que lucenses e visitantes desfruten do San Froilán pero tamén lles pedimos que o fagan sendo conscientes das consecuencias que ten o seu comportamento con relación á conservación do mobiliario urbano e resto de elementos que se atopan na vía pública”.
O segundo tenente de alcaldesa advertiu que o emprazamento escollido nesta ocasión para un espectáculo deste tipo non foi o máis idóneo. “De feito,estruturas de semellante envergadura se trasladaron sempre a outras contornas consideradas máis apropiadas para as súas dimensións, como as Gándaras ou Augas Férreas, xa que, na Praza Maior, obrigan a ubicar o escenario de costas á Casa Consistorial e a desprazar aos asistentes, de xeito irremediable, sobre os xardíns con consecuencias tan custosas e pouco desexables como estas e máis, cando estamos a falar dun espazo de especial protección, pola catalogación dos inmobles que contén e polo paso, ao seu carón, do Camiño Primitivo. De maneira que, en vindeiras festividades, haberá que buscar outra ocupación”, concluíu Álvaro Santos.
Out 12, 2019 - 04:39 PM
Non che conto nada do estado no que queda o parque Rosalía de Castro despois das festas.
Total pagamos nos!😡😡😡
Out 11, 2019 - 11:04 PM
Esto pasa por hacer estos eventos en los jardines.
Out 12, 2019 - 12:47 AM
Teresa Pacios Valin , non esto pasa, porque algúns dos que asisten os concertos, entrar coma elefantes nunha cacharreria
Out 12, 2019 - 09:23 AM
Ines Alvarez Lopez Exacto. El problema no son los jardines, el problema es el incivismo que se viene arrastrando desde hace años. ¿O acaso el culpable de que orinen en la Catedral, es la Catedral por estar allí?
Out 12, 2019 - 10:52 AM
Ines Alvarez Lopez toda la razón Inés. Pero si haces una macro fiesta es un lugar como este donde no hay espacio libre la gente se pasa por el foro el respeto por las flores y plantas. Si ya lo hacen en estado normal. Con la euforia de la fiesta. Sabiendo esto. No hay fiestas allí. Hay otros sitio en la ciudad.
Out 12, 2019 - 11:00 AM
Eu fariaas no monte Segade..claro que a natureza também saeria perxudicada….Reiterome, o espazo que hai nom inclue xardins, polo tanto, quen meteu as suas pezunhas niles é un mamón/a
Out 12, 2019 - 11:06 AM
Ines Alvarez Lopez nin de coña. Arrasan o monte.
Out 12, 2019 - 11:09 AM
Teresa Pacios Valin , jajaja….por eso digo….o problema para practicar o incivismo, non son os lugares.. Somos a xente
Out 11, 2019 - 09:31 PM
Burros
Out 11, 2019 - 03:10 PM
Cualquier San Froilán de estos , semejantes estructuras , que albergan a la parte más hortera de la música , tal lo son las orquestas , se desplomará sobre los elementos de arquitectura barroca del ayuntamiento , dejando en añicos , originalmente irrecuperables , a parte de éste .