O Concello organiza o vindeiro venres un taller orientado a impulsar a creatividade dos mozos

O Concello de Lugo organiza para o venres, 29 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas no CEI-NODUS, un taller formativo gratutíto dirixido a mozos e mozas, para impulsar a a súa creatividade. Coa organización deste taller, que leva o nome de Lugo IdeasJump!, e que nace ao abeiro das preocupacións da mocidade expostas no Young Lab, a entidade local busca establecer un punto de encontro e un escenario único para que os mozos activen o seu potencial creativo nun entorno lúdico e de aprendizaxe, ao tempo que se desenvolven tanto persoal como profesionalmente.

Todos os interesados en participar este taller, que oferta un total de 20 prazas, poden inscribirse ata o xoves ás 14:00 horas no mail norman.veiga@concellodelugo.org.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com