O Concello organiza unhas xornadas con expertos de ámbito nacional e internacional sobre a posta en valor do patrimonio romano

O Concello de Lugo, atendendo ao compromiso adquirido pola rexedora, Lara Méndez, coa Plataforma Cidadá na Defensa da Rehabilitación do Cuartel de San Fernando, está organizando unas xornadas de debate, análise e conferencias sobre a posta en valor do patrimonio galaico romano na que participarán xestores culturais e patrimoniais, arqueólogos e expertos nacionais e internacionais.

“O obxectivo é dar a coñecer de primeira man o traballo e as experiencias que se desenvolven noutras cidades, administracións e institucións para coidar e dinamizar o potencial do seu patrimonio desde un punto de vista museográfico, arqueolóxico,  turístico e económico”, sostivo a alcaldesa.

As xornadas, de carácter divulgativo e que se desenvolverán en primaveira, se están organizando da man do historiador Adolfo de Abel Vilela e do arqueólogo municipal, Enrique González Fernández.

A rexedora avanzou que “o Museo da Romanización de Galicia que o Goberno local e a sociedade lucense defenden para o Cuartel de San Fernando debe ser un elemento dinamizador para a nosa cidade como outras instalacións semellantes o está a ser xa noutras cidades de España e de fóra do noso país”.

“Lugo – engade Lara Méndez – ten unha oportunidade única de aproveitar todo o seu potencial histórico e patrimonial para converterse nun referente do noroeste español, e debemos saber aproveitala. Iso pasa por recuperar o Cuartel de San Fernando, que se encontra en pleno corazón da urbe romana, como o gran Museo da Romanización”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 28, 2019 - 02:48 AM

    Para que. Se da súa postura non ahí quen a apee

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com