O Concello organizará un concurso de fotografía e vídeo no San Froilán

A Comisión de Festas do San Froilán 2016 reuniuse de novo este venres, por terceira vez, para continuar avanzando nos preparativos destas festas patronais, que na pasada edición deixaron en Lugo preto 11,5 millóns de euros.

Tal e como anunciou logo da reunión a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, este ano, como novidade, levarase a cabo un concurso de fotografía e vídeo durante estas festas, “co obxectivo de recompilar o que é o San Froilán de agora en diante”. Ademais, manterase por terceiro ano consecutivo, o concurso de polbeiros e polbeiras no Mercado Municipal.

Nesta xuntanza, Basadre tamén deu conta de que está aberto o prazo para presentar ofertas para a instalación de atraccións no San Froilán os vindeiros 4 anos así como para as casetas e caldeiros de polbo ata o ano 2019. Ademais, o Concello ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na feira de gastronomía e artesanía Gastroarte, que este ano se muda á rúa Puro Cora, e para a contratación mediante lotes de aluguer de stands a instalación de postos de venda na Avenida Rodríguez Mourelo, Praza Maior, Avenida Doutor García Portela e rúa Puro Cora.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com