O Concello pechará os parques da cidade esta tarde debido a alerta por choiva e vento

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo informa de que durante este mediodía procederá a pechar os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA, por choiva e por ventos de ata 100 km/hora que afectarán ao centro de Lugo a partir das 16:00 horas cando tamén se agardan refachos que localmente poderán superar os 120 km/h.

Dende Medio Ambiente explícase que operarios do servizo municipal de Parques e Xardíns están procedendo a precintar os recintos de Rosalía de Castro e de Frigsa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com