O Concello de Lugo informa de que a partir das 10:00 horas de mañá sábado, 19 de novembro, permanecerán pechados os parques públicos da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela prevista pola Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), debido a ventos con refachos de ata 80 Kms/h na zona centro de Lugo.
Procederase á apertura de ditos parques o domingo ou luns, en canto o determinen os servizos de emerxencia municipais.
Nov 18, 2016 - 07:36 PM
Tenían que cerrarlos todos los fines de semana por las noches para evitar el botellón