O Concello de Lugo, a través da área de Participacion vén de reiterar a súa consulta á Xunta acerca da posibilidade de apertura do conxunto de postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal nas xornadas do sábado, segundo o estipulado nas últimas restricións impostas polo goberno galego.
A área de Participación facilitou ás vendedoras e vendedores afectados o contacto da Xunta de Galicia, como responsable da normativa para que consulten as restricións específicas que se aplican á actividade que están a desenvolver.