O Concello poda unhas 1.600 árbores en zonas verdes e rúas da cidade

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este venres na Praza da Constitución as tarefas de poda do arboredo existente que está a realizar o Concello en preto de 1.600 árbores da cidade, das que unhas 900 están distribuídas polas rúas e 650 atópanse nas zonas verdes.

Tal e como adiantou o edil, os traballos, que comezaron esta semana polo casco histórico, desenvolvéronse nas prazas Maior, Campo Castelo e Soidade. Para estas tarefas está destinado un equipo de catro operarios cun elevador. As tarefas de poda continuarán pola Avenida de Ramón Ferreiro, rúa Puro Cora, Parque Rosalía de Castro, Ronda da República Arxentina ou Ronda do Carme, entre outras.

Para realizar estes traballos, a entidade local conta ademais con outro equipo manual conformado por tres operarios, que acometen a poda das árbores situadas nas rúas da cidade e que actualmente está a preparar o arboredo situado na rúa Camiño da Roca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com