O Concello podería ter pagado unha cea en Madrid a varios sindicalistas

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu explicacións á alcaldesa para que clarifique por que o Concello de Lugo pagou unha cea a varios sindicalistas “na súa marcha a Madrid para esixir pensións dignas”. O voceiro popular quere que a rexedora clarexe o motivo deste pago e engade que se a alcaldesa quere convidar a sindicalistas o que ten que facer é “pagar a cea do seu propio peto ou con cargo ao seu partido”. O goberno local xa deu explicacións neste eido, pero pouco convenceron aos populares quen as tacharon de “lamentables” xa que argumentan que se debe a unha decisión “política” do propio equipo de goberno, o que para os populares quere dicir que “o PSOE quixo pagar a cea, pero a costa de todos os lucenses”.

Neste senso, Ameijide explica que pediu que na votación do pleno se dividise a votación desta e outra factura, algo “ao que se opuxo o equipo de goberno”.

Antonio Ameijide engade que ao vindeiro pleno irán 15 recoñecementos extraxudiciais de crédito, por un importe de 96.493,95€, que “poderán bautizarse como os recoñecementos das comidas e dos viaxes” xa que os socialistas levan ao pleno, para o seu debate, reparos de comidas por valor de 6.021,40€ e reparos de viaxes por un importe de 1.478,93€. O voceiro popular asegura que a este paso “non lle quedará ningún restaurante” á alcaldesa ao que poder ir a comer ou cear xa que “son demasiados” os establecementos de hostalería nos que debe facturas, algunha delas do ano 2016. Incluso, o popular ve “totalmente inadecuado” que o equipo de goberno contrate viaxes por toda España a costa das axencias de viaxes xa que aínda debe viaxes do ano 2017.

Segundo o voceiro popular a “irresponsabilidade” do goberno socialista “chega a tal punto” que aínda non pagaron 4 facturas de varias obras na cidade, do ano 2016, a unha empresa que nos últimos anos pasou por tempos moi complicados, nos que incluso tivo que afrontar un concurso de acredores. Outras das facturas pendentes de pago son da reparación do SAE do transporte urbano, que ascende a 21.755,35€, da instalación dunha rede para o circo romano do Arde Lucus do ano 2017 (por un importe superior aos 600) ou 11 facturas referentes ao mantemento e revisión de caldeiras, por un importe de 15.224€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com