O Concello de Lugo organiza, a través da área de Xuventude, un curso de piloto de drones, dentro da programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas. Está dirixido a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo.
Existen 20 prazas e a inscrición debe realizarse ata este xoves, 16 de xullo ata cubrir prazas, a través do enderezo maisporti@lugo.gal, facendo referencia ao curso, nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e data de nacemento.
A actividade, que é gratuíta, desenvolverase do 27 de xullo ao 31 de agosto, online; e de xeito presencial, no centro de convivencia Uxío Novoneyra, o 24 de xullo das 17:00 ás 20:00 horas, o 4 de setembro, das 16:30 ás 20:30 horas, o 5 de setembro, das 10:00 ás 14:00 horas, e das 16:00 ás 20:00 horas e o 6 de setembro, das 09:00 ás 14:00 horas.