O Concello pon en marcha un Plan de Emprego para pemes e asociacións

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá o primeiro Plan de Emprego 100% municipal do Concello. O plan, que leva por título ‘Con trato feito’ estará dotado con 1,15 millóns de euros, cos que agardan que uns 100 dos preto de 7.000 desempregados que existen na cidade poidan atopar traballo.

A iniciativa está orientada a pequenas empresas e en menor medida a asociacións da cidade que desexen contratar a unha persoa que leve alomenos seis meses en situación de desemprego e que sexa veciña ou veciño do Concello de Lugo.

Ditas empresas deberán ofrecer un traballo de, polo menos, un ano de duración. O Goberno local comprométese a sufragar o 70% dos custes no caso da contratación por parte de pequenas empresas e o 100% no caso das asociacións. Á hora de conceder ditos contratos, a entidade local valorará a duración dos mesmos así como as cláusulas sociais aprobadas polo Concello de Lugo.

Méndez rexeitou esta mañá que se trate dunha medida electoralista ao presentarse ás portas das eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. A rexedora sinalou que “os prazos son os que son” e a aprobación deste Plan de Emprego chega unha vez finalizados ditos prazos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com