O concello pon en marcha un programa para a inserción laboral de exreclusos

O concello de Lugo xunto coa Asociación Bonhomía e a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal pon en marcha a iniciativa ‘Se busca’, que ten como obxectivo facilitar a inclusión e sensibilizar á poboación sobre as dificultades que atopan as persoas que estiveron en centros penitenciarios tras a súa liberación.

O proxecto consiste en colocar dous carteis de Se Busca, protagonizados por unha muller e un home, que buscan emprego á saída do centro penitenciario. Numerosas empresas de Galicia están colaborando na difusión desta campaña mediante a colocación dos carteis nos escaparates.

No acto de presentación da iniciativa, a concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira; enxalzou este proxecto, que avoga pola creación de vínculos sociais para contribuír ao proceso de volta á sociedade destas persoas que cumpriron penas de prisión. “Queremos axudar a atoparse a todos aqueles que se buscan”, subliñou a edil.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com