O concello poñerá a disposición da Xunta antes do verán os terreos para construír o colexio do Sagrado Corazón

O concello poñerá a disposición da Xunta antes do verán os dez mil metros cadrados necesarios para a construcción dun colexio no barrio do Sagrado Corazón. Anunciouno hoxe o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, que sinalou que este mércores se aprobará en Xunta de Goberno a expropiación definitiva das dúas parcelas que restan para completar a adquisición de toda a superficie necesaria.

Posteriormente será a Xunta de Galicia a encargada de construír neles un centro de educación infantil e primaria moi demandado entre os veciños. 

Piñeiro lembrou a sinatura da Alcaldesa cos propietarios de 7 convenios urbanísticos para a cesión doutras tantas parcelas, 6 delas o pasado 18 de xaneiro e a restante o 27 de xaneiro, que suman 8.760 metros cadrados, así como a aprobación inicial da expropiación destas dúas últimas parcelas acordada en Xunta de Goberno o 20 de xaneiro.

“Deste xeito, o Concello adquire a totalidade dos terreos que son necesarios para dotar á zona sureste da cidade dun novo centro educativo, tan demandando polos veciños e veciñas”, asegurou Piñeiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com