O Concello prepara para setembro distintas actividades do mundo do motor

O Concello de Lugo ten preparadas para setembro distintas actividades do motor, no marco da programación do +Xti, financiada polo Plan Nacional de Drogas.

As persoas destinatarias son mozos e mozas de 16 a 40 anos, salvo o de conducción segura que é de 18 a 40 anos, empadroados en Lugo. As datas de inscrición son do 7 ao 10 de setembro para o de navegación e o de autorrescate; do 26 ao 30 de setembro o da gynkana, e do 12 ao 15 de outubro o de conducción segura. Será a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, incluíndo no título do correo o número do curso, e no texto do mail: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento.  Non se admiten inscricións antes da data indicada. No momento da inscrición, tamén no corpo do mail, débese indicar o grupo no que inscribirse, en función das datas e horarios. Na gymkana, ademais, a inscrición farase por equipos de 4 ou 5 persoas, enviándose só un mail por equipo.

Trátase de 4 alternativas de balde: Navegación 4×4, Autorrescate 4×4, Gynkana do motor e Conducción Segura:

NAVEGACIÓN 4×4: O curso terá unha parte teórica e práctica onde a persoa participante recibirá as nocións para desenvolver a condución 4×4 e nocións de navegación con rodamentos e coordenadas UTM, así como os rutómetros empregados neste tipo de probas. A parte práctica consistirá nunha ruta de navegación off road, onde en grupos e en vehículos 4×4 completarán un percorrido durante 4 horas, validando os puntos de interese.

AUTORRESCATE 4X4: A seguridade na práctica de calquera hobby ou actividade de lecer é extremadamente importante, e neste sentido o rescate dun vehículo nunha zona fóra de estrada require coñecemento para lograr o éxito, pero sobre todo a seguridade das manobras. O obxectivo da actividade é que os participantes coñezan e practiquen as técnicas de rescate e auto-rescate de vehículos cun todoterreo, con seguridade e eficacia. O curso é inminente práctico, de xeito que con vehículos 4×4 xeraranse diferentes situacións de rescate reais, en distintas áreas 4×4. Así, completaranse dúas rutas con situacións diferentes, completando 8 horas de adestramento en dúas rutas diferentes, unha pola mañá e outra pola tarde.

GYNKANA DO MOTOR: Aquí proponse un xogo de orientación, no formato de diferentes equipos, como fío común polas diferentes áreas do centro, no que, ademais de resolver enigmas, deben realizar diferentes probas de destreza e coñecemento, sobre diferentes disciplinas do lecer e do deporte. É incompatible co consumo de alcol (condución, motor, simuladores, etc). O formato da acción será un concurso tipo gymkana ou proba de orientación, con dous compoñentes: a capacidade dos equipos de orientarse a través dun mapa e compás polas diferentes rutas do centro da cidade e a habilidades para pasar diferentes probas de habilidade, con actividades alternativas ao longo das “rutas”

CONDUCIÓN SEGURA: Co apoio de figuras relevantes no deporte do automóbil, a actividade consiste nun curso de condución segura en vehículos, con diferentes exercicios, fomentando un comportamento seguro ao volante. Realizaranse exercicios con vehículos onde se experimente o funcionamento e eficacia dos sistemas de seguridade que hoxe incorporan os vehículos (ABS, control de estabilidade, control de tracción, etc. As persoasparticipantes a bordo dos vehículos da Escola e acompañados de monitores especializados, realizarán diferentes exercicios de freada e percorridos educativos con lentes que simulan as condicións de condución psicofísica baixo a influencia do alcol

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com