O Concello prepara un dispositivo de limpeza e desinfección nos centros educativos

O Concello, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, levará a cabo unha limpeza profunda dos colexios públicos con vistas a que desde o vindeiro luns terán unha maior actividade, aínda que esta concellaría non deixou de actuar nestes centros durante a pandemia. “Compre indicar que os traballos de limpeza e desinfección se teñen realizado durante toda a crise sanitaria naqueles centros onde existiu actividade, fundamentalmente por asistencia presencial de membros dos equipos directivos” sostivo o edil.

Á vista do  acordo sobre a reanudación do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, aprobado mediante RESOLUCIÓN de 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ampliáronse os traballos de acondicionamento e desinfección xeral dos centros públicos, para acoller con todas as garantías o fluxo de usuarios que acudirá para a tramitación dos procedementos de reserva de praza e matrícula.

Santos apuntou que “A limpeza será en profundidade, tendo especial coidado nos espazos e ferramentas en maior contacto coas mans, tanto dos traballadores como dos usuarios, como poden ser ascensores, baños, pomos ou varandas”.

O edil recorda que “a partir do día 11 de maio, recuperarase o servizo de xeito ordinario, aínda que adaptado na medida do posible en horarios e medios aos requerimentos dos centros públicos”. A  interlocución cos centros públicos será a través da concellería de Educación para unha correcta coordinación entre áreas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com