O Concello presenta o ‘Tecno Verán’ con oito cursos nas Aulas CEMIT

A edil de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou esta mañá o programa de cursos de verán nas Aulas CEMIT do concello de Lugo, a Aula do Castiñeiro e a Aula de María Balteira, baixo o nome de Tecno Verán.

Os cursos ofrecidos son de balde pero baixo inscripción previa que se pode facer no Edificio de Novas Tecnoloxías, na praza Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello). Os cursos a realizar ao longo do verán son para todas as idades e hainos tanto de iniciación como de niveles máis avanzados, todos eles relacionados coa tecnoloxía.

Os máis pequenos da casa (entre os 8 e os 14 anos) poderán aprender os pasos básicos da informática, a edición de fotografía e vídeo ou a creación de páxinas web. Para todos os que o desexen, a partir de 14 anos, haberá cursos de iniciación ao programa Open Office, o uso da tablet ou dos smartphones, ou aprendizaxe de informática a distintos niveles.

As inscripcións deberán realizarse ata o xoves anterior ao inicio do curso ás 20 horas e os menores deberán contar cunha autorización do seu titor legal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com