O cruce entre a rúa Vilalba e Ramón Ferreiro pasará a ter unha rotonda que axilizará o tráfico que continuará pola avenida Rodríguez Mourelo ou pola avenida Ramón Ferreiro, mentres que a avenida alcalde Anxo López Pérez cambiará de sentido. Para continuar cara a San Roque, deberá collerse a rúa Salvador de Madariaga, que cambiará de sentido, continuando pola praza de Bretaña e a Rúa Dinán, onde se poderá coller a rúa das Hermanitas para chegar a San Roque ou a rúa Cidade de Vigo, que cambiará tamén de sentido para comunicar, mediante o treito da praza da Constitución próximo á estación de autobuses co colexio Maristas e co aparcadoiro disuasorio do seminario menor. Ademais, instalarase un semáforo para mellorar a seguridade no cruce entre a rúa Salvador de Madariaga e a avenida Ramón Ferreiro.
O proxecto suporá unha transformación importante diante da porta de San Pedro, que permitirá un paso directo dos peóns que suban polo Camiño Primitivo até a propia Porta, suprimindo os valados existentes e situando os pasos de peóns nese punto, o que permitirá tamén que os peóns que camiñen polo lado dereito de San Roque en dirección ao centro crucen cara a esa beirarrúa de forma directa”, explicou Arroxo”
“Malia que se van aumentar o número de cruces regulados por semáforo, os tempos previsiblemente non aumentarán, de feito, pode que ata haxa momentos do día con tráfico máis fluído ao non ter que agardar o tráfico de San Roque polo da Ronda”, afirmou Rubén Arroxo, que explicou “os novos semáforos servirán para aumentar a seguridade nos cruces, e o percorrido que une a rúa Vilalba con San Roque será o prioritario, polo que os desprazamentos poderán chegar a ser máis rápidos que co plan actual”. “A reordenación do tráfico producirase antes do inicio das obras na Mosqueira para evitar problemas na circulación”, sentenciou Rubén Arroxo.
Post Views: 0