O concello promove a educación viaria nos nenos e nenas coa organización novos cursos de verán que terán lugar do 4 ao 29 de xullo no Parque Infantil de Tráfico.
Trátase dun curso organizado polo Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, dirixido a preto de 200 nenos e nenas entre os 8 e os 14 anos, que busca que os máis cativos adquiran condutas seguras como peatóns e viaxeiros e como usuarios do transporte público e privado, así como aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais.
Durante a presentación, o concelleiro de Educación, Manuel Núñez, fixo fincapé na importancia destas actividades “que introducen no ámbito educativo o concepto de seguridade viaria ao tempo que os máis cativos coñecen os bos hábitos na vía pública”. O edil tamén salientou o compromiso do Concello coa educación viaria, imprescindible para mellorar a seguridade.