A Praza Horta do Seminario acollerá entre este venres, 20 de maio, e o domingo 22 de maio, a III Feira da Cervexa Artesá, organizada pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns e patrocinada polo Concello. O obxectivo do evento é dar a coñecer un produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura que xira ao redor desta bebida. A entrada a esta feira, que contempla ademais stands de comida e múltiples actividades relacionados con este evento, é totalmente gratuíta.
Así, durante a fin de semana na Praza Horta do Seminario poderanse degustar case 80 tipos de cervexas de cerveixos artesáns de toda Galicia, que farán degustacións e venderán as súas producións elaboradas con produtos naturais, podendo descubrir distintos matices e experimentando novos sabores.
Os cervexeiros que se darán cita en Lugo son, Cervexa Áncora e Santo Cristo, de Ourense, Cervexa Aloumiña, Cova da Serpe, Faxilda, Bubela e Doménicus, de Lugo, Cervexa Saramagal e Vacaloura, de Pontevedra, Cervexa Kel´s, da Coruña, Augas Santas, de Foz, Chacueca, de Monforte e Catacraft e Belecker, de Ponferrada.