O Concello propón á Xunta que instale desfibriladores nos colexios de Lugo

O concelleiro de Educación do Concello de Lugo propoñerá á Xunta que converta os centros de ensino en espazos cardioprotexidos. Felipe Rivas propón así instalar Desfibriladores Semiautomáticos (DESA) e formar ao equipo docente dos 15 colexios públicos do Concello de Lugo. “Dende a concellería de Educación abrímonos a colaborar coa Xunta de Galiza para, unha vez se instalen e se forme ao persoal, asumir o mantemento do equipamento, tal como estamos facendo co resto do equipamento de seguridade”.

“Queremos levar a Lugo á vangarda, ao ser a primeira cidade de Galicia con todos os colexios públicos considerados espazos cardioprotexidos”, declarou o edil de Educación, que precisou, “trátase tamén de dar resposta a unha solicitude que a comunidade educativa realizou durante estes últimos anos“.

Segundo indica a normativa actual, a instalación de desfibriladores non é obrigatoria en Galicia, ao contrario que noutros territorios do Estado. “A día de hoxe a Xunta de Galicia quedou atrás mentres a sociedade evolucionou”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “o ensino é unha competencia directa da Xunta de Galicia, e debe asegurar tamén que conten coas ferramentas que os avances tecnolóxicos poñen á nosa disposición en caso de emerxencia”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Feb 17, 2020 - 03:39 PM

    Unos políticos proponiendo a los otros ejecutar medidas que no son de su competencia. Por qué no hacéis un intercambio de cromos y realizais lo que compete a los unos lo que proponen los otros?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com