O Concello prorroga ata o 1 de novembro a ampliación das terrazas

O Concello de Lugo decdiu prorrogar a ampliación das terrazas, medida adoptada no mes de maio, ata o 1 de novembro, coincidindo coa data ata que as casetas do polbo permanecían abertas tralo San Froilán,  mantendo ata entón a reorganizaron provisional dos espazos públicos da capital co fin de que os establecementos poidan ou ben ampliar as terrazas das que dispoñen ou ben instalalas no caso de que non as teñan.

Unha planificación de carácter excepcional coa que, dende o inicio do descofinamento, se pretendeu axudar á dinamización económica do ramo e que, xa na súa orixe, estivo aberta a ter continuidade.

As medidas artelladas no seu día baseáronse, principalmente, en cinco supostos: a ampliación das terrazas nas zonas peonís que así o permitían; o corte do tráfico nas rúas Mallorca e Recatelo, tanto para favorecer a súa colocación como para incrementar as zonas de paseo da cidadanía; a instalación de mesas e cadeiras en vías de anchura suficiente ou, en caso contrario, a utilización, ao efecto, dalgunhas áreas de aparcadoiro sitas en fronte. Por último, posibilitouse tamén a ubicación de terrazas nas prazas e rúas de maior amplitude.

Pola súa banda, os locais víronse na obriga, entre outras normas, de sinalizar as distancias de seguridade e non exceder a instalación de mobiliario máis aló da lonxitude da súa fachada.

“Ante a realidade que estamos a vivir e na que sigue existindo un risco sanitario para a pobación que conleva restriccións de todo tipo, o que queremos dende o Concello é seguir axudando ao empresariado local a sobre levar os efectos da crise, co obxectivo de minorar as perdas que poidan estar sufrindo. Sendo conscientes de que se trata dunha realidade que atinxe á totalidade das cidades e dos países,  o que queremos é facer da Administración Local unha das principais aliadas do tecido produtivo como así o estamos demostrando dende o inicio da pandemia”, sostivo a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,  que sinalu “que a hostalaría continuará quedando exenta do pago da taxa por ocupación da vía pública”.

A rexedora indicou que o goberno local estuda, ademais, a modificación da actual ordenanza pola que se regulan as terrazas para ampliar os espazos nos que se poden instalar. Unha posibilidade que esixirá – sinalou Méndez – a presentación de proxectos específicos que garden homexeneidade no seu aspecto segundo os criterios establecidos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com