O Concello realiza obras de mellora en camiños do rural

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este venres as obras que se están a levar a cabo para mellorar un camiño da parroquia de Bazar. Tamén se realizaron obras en dous camiños de Pedreda e noutros dous de Recimil. Deste xeito, o Concello realiza unha inversión de preto de 35.000 euros na mellora destas infraestruturas, coas que se dá resposta ás peticións veciñais nos orzamentos participativos e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural.

Fernández sinalou que “estas actuacións súmanse aos traballos de mantemento da rede viaria que está levar a cabo a brigada de obras municipal durante todo o ano”, e insistiu en que “o Goberno local defende uns servizos básicos de calidade para todos os lucenses, nos que non haxa cidadáns de primeira e de segunda”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com