O Concello realizará reformas no xulgado de paz de Ribadeo

O Concello acometerá unha pequena reforma no xulgado de paz de Ribadeo “por unha cuestión de dignidade de cara aos seus traballadores”, segundo ven de anunciar o alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia. O rexedor denuncia ademais que a Xunta quere que sexa o propio Concello o que se faga cargo da factura da luz, algo que non ocorreu nos últimos 40 anos.

Suárez Barcia declarou “que o goberno galego e o goberno do Estado teñen sometido ao xulgado de paz de Ribadeo, primeiramente por non atender as demandas da Corporación, e por unanimidade, solicitando a recuperación do xulgado de primeira instancia para Ribadeo”.

O rexedor subliñou que “esta pequena actuación que imos facer desde o Concello, non terá axuda autonómica nin estatal”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com