A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quixo trasladar os parabéns dun xeito público e institucional ao equipo masculino do Emevé polo ascenso á superliga 1, así como ao corpo técnico e directivo pola súa dedicación e esforzo.
Na recepción tamén estivo a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, así como outros membros da Corporación Municipal e un invitado de gala, Antonio Martín, ex xogador de baloncesto.