Lara Mendez

O concello recorrerá a resolución que obriga a derrubar unha rotonda da ponte de Paradai

O concello anuncia que recorrerá a resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que obriga á Xunta e á administración local tirar nun prazo de quince días unha das rotondas novas situadas na ponte de Paradai, que une a rúa Serra de Meira co viaduto.

A Confederación Hidrográfica resolveu deste xeito o expediente aberto a raíz dunha denuncia da asociación ecoloxista Adega, que argumentaba que dita infraestrutura invadía o dominio público hidráulico.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez cre que este tipo de resolucións “só crean inseguridade xurídica” e “afectan ao desenvolvemento da cidade”. A este respecto, Méndez anuncia que ata que non se resolva o recurso que presentará o concello non se procederá ao derrubamento e defende a “legalidade das actuacións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com