O Concello reduce un 20% a débeda e mantén o investimento por habitante

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, subliñou este xoves que “a radiografía económica que fai a Conta Xeral do 2014 é positiva, pois demostra que o Concello mantén unha situación saneada e estable, froito do bo facer do Goberno, dunha xestión rigorosa e eficaz”, e que é posible “combinar  contención do gasto e investimento”.  A edil avanzou que, segundo recolle a Conta Xeral, que se presentará o vindeiro luns na Comisión Especial de Contas e se abordará no Pleno de setembro, só no último exercicio o Goberno reduciu nun 20% a débeda financeira municipal, deixándoa en 22,5 millóns de euros ao peche do 2014, mentres mantén o investimento por habitante en 800 euros.

A Concelleira engadiu neste senso que, se o Goberno local non consigna máis investimentos “é porque ten as mans atadas debido á regra de gasto que o Goberno do Partido Popular impuxo a todas as administracións públicas, sen ter en conta a súa situación económica, que no caso de Lugo é moi boa”.

Ana Prieto recalcou que o 20% do orzamento de Lugo está destinado a investimento social, manténdose como o primeiro municipio de Galicia e o cuarto de España cun maior gasto neste eido por habitante, ademais de garantir a prestación de servizos e mantemento de todas as instalación sociais, culturais e deportivas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com