O Concello reforza a limpeza no barrio do Carme

O Concello reforzará a limpeza no barrio do Carme coa contratación dun servizo de mantemento e desbroce específico para esta zona da cidade. Farao a través da área de Medio Ambiente, que dirixe o edil Miguel Fernández, quen supervisaba esta mesma mañá algúns dos traballos. “Estes inclúen tarefas de roza, limpeza das vías públicas e o acondicionamento dos camiños e parcelas municipais”, explicou o concelleiro.

Fernández subliñou que “dende o Concello consideramos necesario intensificar e reforzar o acondicionamento desta zona emblemática da cidade, pola que discorren o Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX, debido ás accións incívicas que está a sufrir esta emblemática contorna e que provocan un deterioro da súa paisaxe”.

O edil explicou que este operativo encargarase, así mesmo, da roza das parcelas municipais situadas na zona, con tractor de rodas/orugas e rozadora de martelos nas zonas amplas e con motodesbrozadora manual nas zonas inaccesibles ao tractor, así como nos noiros, e a contorna dos camiños, coa retirada de restos xexetais. Tamén inclúe a retirada de árbores caidos, así como unha poda de arbustos e as ramas máis baixas do arboledo que dificulten a roza, cuxos restos serán retirados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com