O concello reforza a limpeza da cidade ante a chegada de 600.000 visitantes ao Arde Lucus

O Concello de Lugo pon en marcha un dispositivo especial de limpeza con motivo da celebración do Arde Lvcvs, que arrincará este xoves ás 18:00 horas, e no que se agarda a chegada de máis de 600.000 visiantes. Así o deu a coñecer o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen salientou que o operativo de limpeza estará formado por uns 25 operarios, entre condutores, peóns e maquinistas, así como por máis de 10 máquinas, tanto de varrido, como baldeadoras e hidrolimpadoras.

O varrido manual reforzarase no centro, así como na zona de Ramón Ferreiro. Ademais, prestarase atención ás zonas dos campamentos situados no Carril dos Fornos, Anxo López Pérez, Praza de San Marcos, Praza Maior e o Patio do Seminario, así como a zona do circo romano e ao Parque Rosalía de Castro.

En canto a recollida de residuos, disporase dun camión recolector de garda para a recollida do lixo xerado ao longo da mañá. Tamén se incrementará o servizo de recollida nocturna, prestando servizo no centro camións de carga traseira de gran capacidade, para dar apoio ao recolector de 8m 3 actual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com