O Concello reforza o 1 de novembro as rutas de bus urbano ao cemiterio

Un ano máis, o Concello reforza o vindeiro día 1 de novembro, día de Todos os Santos, o servizo de autobús urbano que cubre a ruta ao cemiterio municipal de San Froilán, para facilitarlle aos veciños e veciñas o seu achegamento a este espazo nestas datas sinaladas.

Así, haberá dous buses, dende as 09:30 a 19:00 horas, con saída dende sindicatos, cada 20 minutos, por Ronda da Muralla, rúa Santiago, Ponte Vella, Estrada Vella de Santiago e cemiterio, e viceversa. Ademais, funcionará o servizo normal da liña 5E, que realizará o seu itinerario e horario normal dun día festivo.

Este mesmo día, en xornada de mañá e tarde, o grupo de música clásica Straniki ofrecerá actuacións musicias. Ao día seguinte, o 2 de novembro, terá lugar a tradicional ofrenda da Corporación Muncipal ás 12:00 horas no Xardín das Lembranzas, e celebrarse un percorrido guiado polo cemiterio.

Do mesmo xeito, o camposanto amplía o seu horario habitual dende hoxe ata o día 2 de novembro, de 10:00 a 19:00 horas de xeito ininterrompido.

Praza de Abastos

Ademais, o soto da Praza de Abastos de Lugo abrirá de novo ao público mañá, venres 28 de outubro. Farao para acoller os postos de venda de flores con motivo da proximidade da festividade de Defuntos. Así mesmo, o luns volverán a instalarse os profesionais do sector da florerías. Neste renovado espazo, cuxas obras estaban incluídas no proxecto de remodelación da Praza de Abastos, e na decidida aposta do Concello pola dinamización da Praza e o Mercado Municipal de Abastos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com