O Concello reinicia as obras da rúa Soto Freire para facela accesible

O Concello de Lugo vén de informar de que mañá, 19 de outubro, se reiniciarán os traballos de mellora do pavimento da rúa Soto Freire, enmarcados dentro das obras de rehabilitación do vello cárcere para convertelo nun centro cultural, e que teñen un prazo de execución de dous meses e medio.

Estas tarefas, que requiren o corte total desta rúa, consisten na pavimentación desta rúa con adoquíns accesibles, de tal xeito que faciliten o tránsito das persoas con diversidade funcional.

Mentres non se reiniciaron as obras, a entidade local tiña habilitado un paso peonil de maneira provisional nesta vía para facilitar o acceso dos veciños pola mesma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com