A Xunta de Goberno extraordinaria deste luns acordou remitir ao Consello Consultivo de Galicia, para o seu ditame, a proposta de resolución do contrato administrativo de servizo de seguirdade privada, tanto no Fogar do Transeúnte como no CEI-NODUS e Espazo Lab, coa mercantil Alcor Seguridade S.A., por incumprimento da súa oferta de melloras salarias e por incumpriento das suas obrigas salariais. Así o anunciou en rolda de prensa o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen avanzou que se procederá á incautación das garantías definitivas que, no seu momento, depositara a empresa, e que suma un total de 6.800 euros.
Tal e como explicou Fernández, o Goberno Local toma esta decisión en resposta do seu compromiso cos dereitos dos traballadores e traballadoras das empresas que prestan o seu servizo ao Concello, así como dentro súa aposta por garantirlles unhas óptimas condicións laborais e salariais, para o que o Concello incorporou cláusulas sociais.
Na mesma liña, na sesión deste luns tamén se acordou remitir ao Consello Consultivo de Galicia para o seu ditame a proposta para resolver o contrato administrativo das obras a maiores das obras de rehaiblitación do Vello Cárcere de Lugo (Fase 2), asinado coa mercantil Terrauga Proxectos e Obras S.L., por incumprimento do prazo de execución do contrato. Prodúcese porque, transcorrido o prazo de 2 meses dende a acta de comprobación de replanteo, o 7 de outubro do pasado ano, non se rematou totalmente a obra. Tamén se propón proceder á incautación da garantía por importe de 3.496,63 euros.
En ambos os dous casos, a incautación da garantía é sen sen prexuízo da reclamacións que procedan polos danos derivados desta resolución contractual.