O Concello rende contas sobre o orzamento do Arde Lucus 2016

O Concello de Lugo rendeu contas sobre o orzamento do Arde Lvcvs 2016, que se situou nos 334.507,03 euros de gastos e 347.660,61 euros de ingresos. Fíxoo a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, durante a primeira comisión municipal deste festexos que convocou en cumprimento dun acordo plenario adoptado pola Corporación o pasado mes. Na reunión participaron representantes dos cinco grupos da oposición.

Segundo os datos do Goberno local, a festa de recreación histórica atraeu á cidade a máis de 600.000 persoas e supuxo un retorno económico de 12 millóns de euros. Os ingresos (347.660,61€) procederon das seguintes fontes: Concello, 220.000€; Macellum e restaurantes, circo e canon restaurantes, 58.560€; e patrocinadores, 69.100€ (Gadisa, 2.500; Calfensa, 1.000; CC As Termas, 2.000; Tableros Hispanos, 500; Gestagua 7.000; Deputación, 18.000; Urbaser, 3.000; Abanca, 1.500; Seur, 500, e Xunta, 3.000€).

En canto aos gastos (334.507,03€), foron os seguintes: asociacións, 60.000€; espectáculos 176.680,37€; publicidade e folletos, 27.790,90€; e luz, seguridade, son, valos e gradas, 70.035€.

Ademais, a Concelleira de Cultura informou na comisión de que as asociacións elaboraron o seu propio programa, organizando unhas 200 actividades, ao igual que as agrupacións de teatro lucenses, que representaron unhas 25 actuacións.

A edil do BNG Maite Ferreiro presentou unha proposta na comisión para que “todas as asocacións que participan activamente no Arde Lucus se inclúan na propia comisión e formen parte de activa da organización da festa”. A próxima xuntanza celebrarase no mes de novembro, segundo informou Maite Ferreiro, e indicou que “a inclusión das asociacións na comisión permitirán afrontar a organización do Arde Lucus 2017 máis aberto, participativo e transparente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com