O Concello de Lugo acomete estes días as obras de mellora da estrada de Conturiz a Cardoso, nas parroquias de Santo André de Castro e San Mamede dos Anxos.
As tarefas, que teñen un custo de 73.894 euros e se prevé que finalicen esta mesma semana, consistirán na renovación con aglomerado en quente de 2.290 metros firme, repartidos entre o itinerario principal e dous ramais que discorren pola zona.