O Concello de Lugo iniciará este luns, día 15, a retirada e a renovación dos bolardos de protección nas distintas rúas do barrio da Milagrosa, actuación que comezará polas vías Mallorca e a Milagrosa.
A acción, coa que se actuará nos máis de 300 bolardos existentes, seguirá logo polas rúas de Curros Enríquez, Reverendo Xosé Fernández, Camiño Real (desde Milagrosa hasta García Abad), Yáñez Rebolo, Xulia Minguillón, Pintor Villamil e Tino Grandío.
Ademais de mellorar a seguridade na zona xa que os elementos elixidos recuperan a verticalidade despois de flexar ao 90%, con estes cambios se iguala a estética dos bolardos no barrio. Os que se retiren e estean en bo estado, servirán para repor os que estean rotos
noutras rúas da cidade sempre que sexan do mesmo modelo.