O Concello reparará a rede de saneamento da rúa Armanyá, que dá servizo a un cento de veciños. Trátase dunha actuación encamiñada a garantir as boas condicións dun servizo público como é o saneamento, ao mesmo tempo que se responde a distintas peticións dos veciños e veciñas desta zona.
Con estes traballos, que previsiblemente comezarán a finais deste mesmo mes e que contan cun orzamento de 31.500 euros, “o Concello quere acabar coas filtracións que se producen nesta rúa, e que ademais afectan a algún dos edificios”, subliñou o concelleiro de infraestruturas urbanas, Manuel Núñez.
Núñez anunciou que será necesario levantar o pavimento para acometer a óptima reparación da rede de saneamento. Con estas obras, a entidade local tamén aproveitará para reubicar un cadro eléctrico situado nesta mesma rúa.
Xul 14, 2016 - 05:01 PM
Pois a foto é da escalinata que vai a Fontiñas
Xul 14, 2016 - 05:08 PM
É unha foto de arquivo. Efectivamente a foto do concelleiro foi tirada aí, aínda que as obras anunciadas hoxe son na rúa Armanya 🙂
Xul 14, 2016 - 07:40 PM
Pues si ……y que tiene que ver con la calle Armanya
Xul 14, 2016 - 07:40 PM
????